miércoles, 12 de octubre de 2016

Benvidos ao novo curso!

Empezamos este novo curso engadindo dúas novas ferrametas para practicar Inglés na casa. Así que todas as familias e todo o alumnado sodes máis que benvidos a usalas.

As feramentas están engadidas na columna da dereita deste blog. Podedes acceder a elas facendo click nas imaxes, pero de igual maneira deíxovos os enlaces nesta entrada e as pertinentes explicacións:


Neste enlace tedes acceso a todo o material audiovisual dos libros de texto.
Para acceder a ela debedes facer click en "inicia sesión" e logo introducir o seguinte:

             Correo electrónico: vinciosenglishclassroom@gmail.com
             Contrasinal: classroom

Unha vez iniciada a sesión aparece: "Mi biblioteca" e un cadriño azul onde pon: "Oxford Online Learning Zone". Facendo click enriba do cadriño, lévavos a una páxina onde tedes acceso ao material audiovisual dos libros por niveis, Oxford Rooftops, e por outra banda, a Fun Zone, onde podedes atopar unha chea de xogos en Inglés. 


Neste enlace tedes un monton de e-books en Inglés.
Para acceder a ela debedes facer click en "My class login" e logo introducir o seguinte:

             My class name: vincios
             My class password: classroom 

Unha vez dentro podedes facer click en "My Bookshelf" para acceder a todos os e-books, podendo seleccionar tema e nivel, ou ben en "Parents" con un montón de actividades e vídeos para traballar cos vosos fillos.

Espero que as disfrutedes. Non dubides en cosultarme se vos xurde algunha pregunta!

 Salomé